Xa estamos de
volta nun novo curso e, a estas alturas, metidiños metidiños en mil e unha
aventuras...
Comezamos en
setembro xa polo alto, cunha saída ao FIC de Bueu, onde desfrutamos de varias curtas moi entretidas, educativas e divertidas. Un luxo de saída que rematamos desfrutando do estupendo diazo na praia!!!
Continuamos os
proxectos das aulas retomando arredor do último do ano anterior: Os Continentes, un tema moi quentiño para todo o alumnado
porque hoxe en día… a Terra está que arde!
RECUNCHO PROXECTO ÁFRICA
O outono
sempre trae ás nosas paisaxes unhas cores incribles e unhas sensacións
refrescantes despois do caluroso verán. O noso patio natural pasa do amarelo
seco ao amarelo, marrón, vermello ou verde outono.
Ademais de actividades
xerais, este ano desfrutamos dunha actividade especial: construimos unha INSTALACIÓN OUTONAL na sala de psicomotricidade, canta emoción, diversión e creatividade!!! Unha experiencia
estupenda!!! Seguro que repetiremos!!!
Xa dende o
lado artístico, todo o Centro estamos a traballar a Yayoi Kusama, e o levamos
ata límites insospeitados: cabazas, clases, corredores…, todo o Cole
decorado!!! Canto arte a partir dun simple círculo!!!! Bravo polos nosos nenos
e nenas..., e por vós, familias!!!!
Acabamos de
celebrar o Samaín-Halloween, con moitas actividades...
E por suposto, non faltaron as personaxes mostruosas e merendas
terroríficas!
O pasamos “de medo”!
O seguinte que
celebraremos será o Magosto…que ganas de xogos e castañas!!!
O 3 de decembro celebramos o "Día Internacional das Persoas con Dispacidade" co obxectivo de promover os seus dereitos e benestar, así como concienciarnos sobre a súa situación na vida diaria.
Este ano dedicámolo as Persoas Xordas, cantando o retrouso dunha canción de TNT titulada "Rumbaliza" e aprendéndoa en Lingua de Signos, intentando coñecer un pouquiño sobre como se comunican e poden sentir estas persoas no seu día a día...
Aquí vai o resultado...
4 ANOS
5 ANOS
Non vos podedes imaxinar o que se esforzaron para que todo saíra ben...
O entorno do cole resulta ideal para observar e experimentar os cambios producidos na contorna debido á chegada do outono: as cores, os froitos, a caída das follas... Así, sen saír das nosas instalacións, fixemos unha búsqueda de elementos de outono mooooi divertida:
3 ANOS
Mandala con elementos naturais.
4 ANOS
5 ANOS
Aproveitándonos desta estación e das cores que á mesma van asociadas, realizamos un apaixoante obradoiro onde puidemos dar renda solta a nosa creatividade e imaxinación:
Ademais, celebramos o noso particular Samaín onde non faltaron os contos, as experiencias, as manualidades e os nosos disfraces...
Tamén celebramos o magosto! E fixemos uns recipientes súper chulos! 😀
E ata aquí chegamos polo de agora, pero voltaremos con moitas máis aventuras que contar!
Despois de tantos meses na casa chegaron as vacacións do verán, afortunadamente, sendo xa libres!!! Esperamos que esta situación non se volva repetir e a volta ó cole en setembro supoña momentos de reencontros emocionantes e que estea chea de aventuras apaixoantes, dun feixe de sorrisos compartidos e de novas experiencias por vivir...
Aproveitamos para darvos as GRAZAS en maiúsculas, a vós, AS FAMILIAS, polo papel que tivestes que levar a cabo nunha situación realmente complicada, tendo en conta as necesidades das vosas crianzas. E dentro das familias, por suposto, incluímos ós nenos e nenas que dun día para outro e, sen tempo para asimilalo, víronse inmersos nunha situación de confinamento realizada polo ben de tod@s!
RAPACES E RAPAZAS, SODES UNS AUTÉNTICOS SUPERHEROES E SUPERHEROÍNAS, SEN NECESIDADE DE CAPAS NIN ANTEFACES!
Polo dito e en agradecemento pola vosa colaboración coa escola, queremos compartir uns vídeos que fixemos con moitísimo cariño para vós en recoñecemento do traballo realizado durante este confinamento. Para nós o feito de recibir actividades feitas polas nenas e nenos supoñía un "chute de enerxía"..., e ganas de seguir traballando e pensando en novas propostas adaptadas a vós e á situación que estabamos a vivir, non sempre tan doado...
INFANTIL 3 ANOS
INFANTIL 4 ANOS
INFANTIL 5 ANOS
Non queremos despedirrnos sen antes dedicarlle os nosos parabéns ás crianzas que cumpriron anos este mes:
ATA AQUÍ O CURSO 2019-2020...
Agora tócanos desfrutar da nova "normalidade": saír a pasear, ir a praia, comer no monte, xogar cos amig@s..., en definitiva,
GOZAR DO VERÁN!
BIQUIÑOS E APERTAS MILES DAS VOSAS MESTRAS E MESTRES
Este curso tan peculiar xa está case a punto de rematar. Xa quedan tan só dez días para que chegue ao seu fin. Pouco a pouco imos entrando na normalidade da situación, e se achega xa o tan desexado verán, do que os nenos e nenas desfrutan tanto.
Tendo en conta todo isto, a proposta de hoxe estará centrada en facer unha pequena lembranza do que foi este curso no colexio, no que estivemos traballando arredor do proxecto de centro de "Planétate: pequenos xestos grandes consecuencias", lema que elixiron e propuxeron entre o alumnado, e do que fixemos un montón de actividades comúns compartindo aprendizaxes abordo deste tema.
O día 5 de xuño celebrouse o Día Mundial do Medio Ambiente, e onte o día 8 de xuño conmemorouse o Día Mundial dos Océanos, tan relacionados e importantes dentro do proxecto que nos ocupou este curso.
1- COÑECEMOS OS OCÉANOS:
Propoñemos ver o seguinte video para poder facer con máis información a actividade proposta, aí vai o enlace:
Agora que xa coñecemos un pouco máis dos océanos e xa sabemos cales son, propoñemos unha actividade coa que practicarán tanto o desenvolvemento lingüístico coma o lóxico matemático, e exercitarán un pouco a súa mente.
A actividade consiste en:
1º PASO:Escribimos os nomes dos océanos dúas veces nun folio de cores diferentes, ou ben podemos utilizar unha cor de rotulador diferente para escribir as letras de cada océano.
2º PASO:Recortamos as letras dun dos nomes dos océanos e deixamos o outro para ter un modelo. Cando as teñamos recortadas as mezclamos todas.
3º PASO: Colocamos cada letra debaixo da que lle corresponde para volver a formar os nomes, coma se fora un crebacabezas.
4º PASO:Agora podemos contar:
*Cantas "A" hai?
*Cantas "C" hai?
*Cantas "T" hai?
*Cantas "R" hai?...
*Comparamos: Hai máis ou menos "O" que "D"?, cantas máis hai? … así podemos facer todas as comparacións de número de letras que queiramos…
5º PASO: Por último tamén podemos intentar formar palabras novas coas letras dos continentes, coma por exemplo: andar, torta... Cales se vos ocorren?
2-CONTO CONTIÑO:"Salvaxe" de Emily Hughes.
Un pouquiño de COMPRENSIÓN LECTORA: Podedes facerlle as preguntas que queirades as vosas nenas e nenos para ver se entenderon o que nos quere ensinar o conto.
*Quen lle ensinou a falar á nena e como falaba?
*Quen lle ensinou a comer e que comía?
*Quen lle ensinou a xogara e como xogaba?
*Por que cres que a nena sentíase extraña con eses animais tan raros que apareceron un día no bosque e a levaron a súa casa?
*Estaba contenta nesa casa?
*Que fixo a nena para sentirse de novo feliz?
*Como te sentirías ti se te pasara ao revés e alguén te levara a vivir no bosque?...
Ao rematar poden facer un debuxo da nena "Salvaxe" na natureza que era onde se sentía feliz, vivindo no bosque cos seus amigos.
3- MINUTOS MUSICAIS:A continuación poden escoitar as seguintes cancións suxeridas, relacionadas co ECOLOXISMO, que espero que vos gusten:
4-CURTA "LEMON":
Deixámosvos tamén cunha curta que nos conciencia un pouquiño sobre o importante que é para a vida o coidado dos océanos, e o impacto que teñen os plásticos na natureza, por si vos apetece miralo:
Ata aquí chegaron as nosas propostas de actividades... Pero isto aínda non é unha despedida, xa que volveremos a vindeira semana para amosar o noso agradecemento pola vosa participación e colaboración. Asi, publicaremos uns vídeos nos que incluiremos todas esas fotiños que recibimos do traballo realizado polo alumnado nas súas casas en base as nosas propostas.
Que teñades boa semana!!!
Voltamos o vindeiro venres 19 de xuño para despedir o curso!!!