07 junio 2016

REPOSTEIR@S POR UNS DÍAS!

A pasada semana, realizamos un rico postre que incluía unha das froitas que máis nos gustan, as "fresas" ou amorodos! Tivemos a oportunidade de plantalas no cole e de facer un mantemento das mesmas regándoas paulatinamente. E así están agora...


O primeiro que fixemos foi elaborar unha lista da compra, para, de seguido, ir ó supermercado e non esquecernos de nada!


Saímos do cole moi contentos e respectando as normas de prevención e de seguridade vial...


Chegamos ó supermercado, e mantendo a orde, fomos buscando os envases e os alimentos que precisabamos e tiñamos anotados na nosa lista.



As traballadoras/es agradeceron a nosa visita e nós, estamos igualmente agradecidos do trato recibido e dos Sugus cos que nos agasallaron!


Compra realizada con éxito!!!



Xa cos ingredientes, as ferramentas precisas e un gorro persoal de cociñeiro... comezamos a nosa sesión de repostería!



 




 Este foi o resultado!!!


Mmmm, que rica!
Trala boa experiencia como reposteiros/as, temos claro que queremos repetila coa elaboración dunha nova receita!

















2 comentarios:

  1. Parabéns por esta actividade tan completa e polo postre final que tiña moi boa pinta. Seguro que estaba boísimo! A verdade e que estades feitos uns auténtic@s masterchefs ;)

    ResponderEliminar
  2. Grazas Sonia! Pasámolo xenial! :)

    ResponderEliminar