Bo día familias!!!
Seica a chuva estes días deu unha tregua e xa podemos disfrutar un pouco máis do sol, e do xogo ao aire libre tan beneficioso, aínda que sexa por tempo limitado.
Gustaríanos seguir compartindo desde a escola, algunhas propostas con vós, para axudar no que poidamos ao desenvolvemento dos vosos fillos e fillas, complementando outras moitas que seguro que xa facedes por propia iniciativa. Hoxe suxerimos as seguintes:
1- XOGAMOS COA QUÍMICA E OS ALIMENTOS:
Poderedes comprobar que alimentos levan ou non ALMIDÓN, tan necesario para a nosa vida, e para obter ese aporte de carbohidratos tan necesario na nosa dieta, polo seu gran aporte enerxético. Ao ser de orixe vexetal, os alimentos que o conteñen soen ter beneficios acompañantes como ser ricos en vitamina ou fibra.
O experimento consiste no seguinte:
Cando temos o resultado final podemos facer comparacións de cantidade de almidón preguntándolles por exemplo:
*Cal destes alimentos ten máis almidón?, ...Ten máis almidón o plátano que o pan?, Ten menos almidón a pasta que o pan?... Traballaremos os conceptos máis que, menos que, igual... Podedes facer todas as preguntas que estimedes oportunas para conseguilo.
2- CONTO CONTIÑO: "O coelliño branco" Xosé Ballesteros- Óscar Villán.
Agora que xa víchedes o conto propóñovos a seguinte actividade:
Nun TRABALINGUAS se repiten sonidos e a súa pronunciación soe ser algo difícil, por iso se nos traba a lingua.
Intenta inventar ti agora un trabalinguas coas palabras: cabra, encabritada, desencabritará, cabresa, caburra, cabraza, formiga, rabiga, barriga... e todas aquelas que poidas atopar no conto que rimen.
Podes escribilo a túa maneira, facerlle unha ilustración(debuxo) e poñerlle un título, e compartilo con nós para que poidamos disfrutalo. Animádevos a darlle ritmo á lingua!!! Poño algúns exemplos de trabalinguas a continuación:
UN LOBO RUBIO O PITO COXO OS CORDÓNS
Un lobo rubio roe un loro duro Por detrás daquel toxo Collín cordóns,
se un lobo rubio o roe, vai un pito coxo. cordóns collín.
un loro duro o remoe. Corre, pito coxo Pola rúa corro,
pito coxo, corre. cordóns collo.
Pola rúa corrín,
cordóns collín.
A PITA PASA DEBAIXO DUNHA PITA TINTA
A pita pasa Debaixo dunha pipa tinta
a pipa pinga. hai unha pita pinta;
Cando a pita pasa, cando a pipa tinta pinga,
a pipa pinga. a pita pinta pía.
UN CAN CAEU UNHA CHICA
Un can cun quinqué no cu. Caeu unha chica no chan.
3- ZUMBA: Xa vén a fin de semana e que mellor maneira de recibila que movendo un pouco o corpo. Envíovos o enlace duns video de zumba para animalos a poñer ese corpiño A BAILAR!!!
Antes de empezar a facer exercicio hai que quentar un pouco. Aí van os exercicios de quencemento. Despois comezamos co entrenamento e por último hai que relaxar os músculos.
Lembrade que despois de facer un pouco de exercicio hai que estirar os músculos, e podedes facelo acudindo á PROPOSTA PARA FACER NA CASA 2, onde hai un video de ioga para relaxarse e rematar a sesión.
Esperamos e desexamos que gocedes moito da fin de semana. Voltaremos a semana que vén con máis propostas, que oxalá sexan atractivas para os rapaces e rapazas.
BOA FIN DE SEMANA EN FAMILIA!!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario