19 mayo 2020

PROPOSTAS PARA FACER NA CASA 19

Bo día familias¡:

Agardamos que siga todo ben polas vosas casas. Estamos un día máis convosco para seguir coas propostas, en vista de que vai ser imposible incorporarse ás aulas ata o mes de setembro. Xa chegou a calor¡, e iso fai que na medida do posible poidamos disfrutar máis do aire libre, cousa que xa botábamos de menos¡
Comezamos:

1- ANIMAIS FEITOS COAS NOSAS MANS:

Propoñémosvos para comezar una actividade na que exercitarán a destreza coas súas mans, e conseguirán resultados asombrosos debuxando animais. Envíovos a imaxe do video para que poidan realizar a actividade:




O video vai moi rápido e terán que ir parándoo para poder realízalo e seguir os pasos, pero seguro que conseguen facer verdadeiras obras de arte coas súas propias mans e obterán debuxos moi orixinais e creativos. Podedes ver o resultado a continuación. Animádesvos a probar!!!









Cando estean rematados poden escribir o nome do animal (cada un como saiba) e incluso se poderían recortar e facer un mural para crear un cadro coas súas obras de arte. Con esta actividade traballarán a psicomotricidade fina, a lectoescrituta e sobre todo a conciencia estética.


2- MENSAXE SEGREDA:

A actividade consiste en facer un experimento científico, para aprender que o ácido reaciona coa calor e que podemos escribir mensaxes segredas, que cando sube a temperatura poderemos descifrar. Para explicalo temos aquí a dúas voluntarias:







O experimento tamén se pode realizar con limón en vez de con bicarbonato, e tamén se poden substituir os pauciños para os oídos, por un pincel, co que poderán debuxar a mensaxe que eles e elas queiran. Que mensaxe segreda escribíchedes?



3- VAI DE FLORES: 

A continuación vos propoñemos unha actividade con flores, aproveitando a gran variedade que se poden atopar nestes intres:

Clasificación por cores: poderán observar que os talos e as follas de todas son de cor verde, sin embargo hai gran variedade nos pétalos, onde atopamos moitísimas diferencias. Así faremos conxuntos por cores.










  Podemos facer series de cores coma a do exemplo: amarelo, rosa, lila e branco- amarelo, rosa, lila e branco…









Podemos comparar os talos e practicar os conceptos groso-delgado.

Podemos comparar as follas e comprobar que teñen formas moi diferentes.

Podemos aproveitar para traballar lóxica-matemática,  a serie numérica,  a suma e a resta e outros conceptos espaciais: poñendo 4 flores amarelas, 5 lilas, podemos quitar algunha para ver cantas quedan (resta), engadir máis e contalas(suma), ir quitando dunha en unha para traballar a serie numérica descendente, ou ir engadindo dunha en unha para traballar a serie numérica ascendente, cal está antes da lila?, e despois da lila?... cal é a última, cal é a primeira, cal está no medio..., en fin todas as preguntas que se vos ocorran ou vaian xurdindo a medida que se xoga con elas.


Para rematar esta actividade se poden desecar as flores meténdoas en papel de periódico para que perdan a auga, poñéndolles peso enriba para prensalas, cuns libros por exemplo. Ao cabo de un día ou dous xa estarán secas de todo, e se poderán empregar para decorar algunha libreta ou algunha caixa, é dicir, como actividade plástica. Botándolles cola líquida por riva, se conservarán e poderedes adornar o que queirades, e tamén é unha maneira de reutilizalas antes de que se marchiten. Este é un exemplo de como quedarían. As caixas forradas con cola e papel de rolo de cociña, con cola líquida extendida con pincel, e con flores secas con cola líquida pegadas, tamén quedan preciosas. Co voso maxín, e con diferentes tipos de papéis e materiais, seguro que conseguides creacións estupendas. Podedes inténtalo se vos apetece!!!







Tamén podemos aprender algúns nomes de flores comúns que se atopan na nosa zona: dentes de león, rosas, calas, margaridas, claveis,... Deixámosvos o enlace dun xogo de memoria para que aprendan algunha:

 https://h5p.org/node/769161



4- VASOS MUSICAIS:

Que vos parece se aprendemos a facer unha escala musical con vasos de auga? Hai que enchelos gradualmente dende o máis cheo ao menos cheo. Así diferenciarán entre sonido grave e agudo. Déixovos un video onde se fai con vasos de tubo, que parece que soa máis agudo, pero tamén os deixo uns videos persoais, para que aprendades as notas musicais. Espero que vos guste e a practicar un pouquiño!!!

Podedes inventar vos mesmos unha canción co ritmo que queirades utilizando as diferentes notas se practicades un pouco.









Esta canción non saiu moi ben, pero pensade que se eu podo facer isto na primeira proba, imaxinade o ben que o poderedes facer vós. En YouTube hai máis videos para practicar se queredes. E coidado cos vasos!!! Non lle deades moi forte!!! Ha ha ha.

5- CONTO CONTIÑO, HOXE TOCA...: " Carabuñas".

Esperamos que vos guste!!!


E agora toca un pouquiño de comprensión lectora, a ver se sodes quen de responder ás seguintes preguntas:

* A que se dedicaba Carabuñas?
* Onde vivía?
* Por que se chamaba Carabuñas?
* Que ingredientes usaba para facer as súas pócimas?
* Que camino tiña que facer para chegar a aldea?
* Que ía facer á aldea as noites de luar?
* A quen viu na ventá da súa casa unha noite e como tiña a cara?
* Como conseguiu subir a casa da nena?
* Por que se espertou a nena cando Carabuñas se acercou a súa cama?
* Como lle chamaba a nena?
* Como lle dixo a nena que tiña o nariz? E os dentes? E os ollos? E o pelo?
* Por que Carabuñas non podía comer cativos? Que lle pasou cando lle lambeu a cara á nena?
* Que fixo Carabuñas entón?
* Que buscou no baúl vello do faiado?
* Poderíades contar vós que pasou ao final do conto.

NON ESQUEZAS MIRARTE, DE CANDO EN VEZ, NUN ESPELLO (por fora e por dentro).

Agora poderíades facer un debuxo do conto escribindo o título, que seguro que vos queda xenial!!!

6- A MOVER O CORPO!!!:
Xa sabedes a importancia que ten mover o corpo un pouquiño cada día, así que hoxe vos propoñemos a seguinte actividade de psicomotricidade grosa. Explícoa nun video para que se entenda mellor:



Hoxe xa toca despedirse ata a semana que vén. A partir de agora, que xa está aquí o bo tempo, e xa poden sair da casa máis que antes, creemos que unha proposta semanal será suficiente pois os nenos e nenas xa comezan a estar máis revoltos, porque xa case está chegando o final do curso. Xa sabedes que nos tedes nas direccións de correo electrónico para o que precisedes.



            UNHA APERTA MOI GRANDE E GRAZAS POR ESTAR AÍ FAMILIAS!!!

                              A PASALO BEN E ATA O VINDEIRO MARTES!!!

No hay comentarios:

Publicar un comentario