15 mayo 2020

PROPOSTAS PARA FACER NA CASA 18

Bo día familias!

Como ides? Parece que volve o bo tempo, así que tocará aproveitalo! 😀

A continuación comparto as novas propostas didácticas para facer na casa:

1.- XOGAMOS COS TAPÓNS?

Xa vistes como a profe Anuska estaba rodeada de elementos soltos. Ata fixo mandalas con eles! Pois eu collinlle prestados uns tapóns cos que realicei estas actividades:

ACTIVIDADE 1: A PESCAR!



ACTIVIDADE 2: MATEMÁTICAS CON TAPÓNS


Asociamos número con cantidade:



Sumamos:


ACTIVIDADE 3: QUE ESTOU TOCANDO?

Sen empregar o sentido da vista... A ver se adiviñas o que hai dentro de cada tapón.
Velaquí vos deixo un exemplo da actividade:



2.- DIRECCIÓNS E FIGURAS CONCÉNTRICAS

Na presente actividade imos xogar coas direccións das frechas. Para realizala, precisamos algo de concentración e atención co fin de rodear cada frecha coa cor correspondente tal e como se indica no seguinte exemplo:


Sabes dicir en que dirección vai cada unha? De abaixo cara arriba, de esquerda á dereita...

Agora intentaremos realizar a seguinte actividade seguindo a dirección esquerda-dereita. Consiste en coller obxectos de diferentes formas que teñas pola casa para, a continuación, debuxar a súa base e seguir realizando formas concéntricas dentro dela.



3.- PINTAMOS CON XEO!

Como se achegan días soleados, unha proposta moi divertida é pintar con xeo! Para realizar esta actividade precisades:

- Témperas ou colorante alimenticio para tinguir a auga.
- Auga.
- Unha cubeta de xeo (cubitera), oveira ou calquera outro recipiente similar.
- Uns paus, depresores, culleriñas..., que nos sirvan de instrumento para agarrar sen tocar o xeo.

Este é o proceso a seguir:

Auga con colorante:



Tras unha noite no conxelador..., este foi o resultado:


E así pintan:


*Recomendación: se tinguides a auga con colorante, botádelle mínimo 3 ou 4 gotiñas para que non queden escasos de cor.

E co xeo de cores listo e unha cartolina ou folio..., xa podedes comezar a pintar! 
A ver que obras de arte tan chulas vos saen!


4.- MOTRICIDADE GROSA E MEMORIA.

O seguinte xogo consiste en dicir unha serie numérica entre o 1 e o 4, que o rapaz ou rapaza terá que reproducir saltando enriba do número correspondente e mantendo a orde cronolóxica. Cando rematemos de realizar a serie, por exemplo: 2-3-4-1, temos que acabar enriba do círculo azul. Podemos xogar de maneira individual ou en parella (teríades que facer outras "casillas" como a da foto), a ver quen acaba antes! Sempre ten que haber unha persoa máis que dicte ou ensine os números.


A serie numérica podedes dicirlla ó neno e/ou nena e, nese caso, deberán empregar a memoria auditiva. Tamén podedes escribirlla nun folio e ensinarlla durante 5 segundos, co cal terán que empregar a memoria visual. Este xogo tamén permite afianzar as grafías numéricas de forma lúdica. Tamén podedes xogar empregando diferentes ritmos (rápido, lento...).

É un xogo de movemento que pode chegar a ser moi divertido!

5.- LETRAS GALEGAS 2020

Como ben sabedes, o domingo é o Día das Letras Galegas e este ano está dedicado a Ricardo Carvalho Calero, polo que compartimos con vós unha actividade interactiva que esperamos que sexa do voso agrado. Escoitade con atención e anotade os números 😉

Por último, recordarvos que hoxe celebramos o Día Internacional das Familias! Sen dúbida este confinamento tamén serviu para pasar máis tempo xuntos e coñecernos mellor. Por que non utilizar ese amor que tes pola túa familia e plasmalo nun simple pero emotivo debuxo, onde aparezas ti coa túa familia, facendo unha das cousas que máis vos gusta realizar xuntos?

Desfrutade moito da fin de semana!

Despedímonos ata o vindeiro martes.
Chegaremos cargados de novas propostas...

Unha aperta!

No hay comentarios:

Publicar un comentario