26 mayo 2020

PROPOSTAS PARA FACER NA CASA 20

BOOO DÍAAAAAA FAMILIAS!!

Xa entrados na FASE II desta desescalada, podemos ir pouco a pouco e con moito sentidiño, voltar as nosas vidas... A verdade é que somos afortunados de vivir nesta zona, onde este becho noxento quedou as portas e só conseguiu infectar a unha minoría... Así que moito ánimo: #EstamosConseguíndoo; #SairemosXuntosDisto; #ImosRematarConEl...

Aquí vos deixo as propostas para esta semana...

1. CONTO CANTADO, CONTO CONTADO 

Hoxe imos cantar o conto "El león remolón" da man da música de Susa Herrera, que ben sei que vos encanta... Espero que o desfrutedes...



2. AO RITMO DO KOKOLEOKO

Imos trasladarnos ao continente Africano, para aprender esta canción tradicional de Ghana, acompañándoa con percusión corporal. Esta é a letra... É moi sinxela...

KOKOLEOKO, MAMA KOKOLEOKO
KOKOLEOKO, MAMA KOLEOKO

ABA MAMA, ABA
ABA MAMA, KOLEOKO

E aí vai a percusión corporal...


Ensaiadea na casa para cando voltemos a vernos poidamos cantala e tocala tod@as xunt@s. Podedes mandarnos os vosos vídeos aos correos das aulas, ensinándoos o ben que o estades a facer...

3. "BAILANDO POR MIEDO" - PAUL KLEE



Imos converternos en verdadeir@s especialistas en arte analizando esta obra de PAUL KLEE. 
  • Ensinámoslle o cadro aos nen@s e comezamos un diálogo: Que vedes?, Que figuras hai?, Estades de acordo con que isto é un triángulo? Por que sabemos que unha figura é ou non un triángulo? Parécese máis a un rectángulo? En que se diferencian os cadrados dos rectángulos?...
  • Deste xeito, analizando e comparando vanse recoñecendo as diferentes figuras planas. Isto nos levará a preguntas como: Cantas figuras hai de cada tipo?, Hai máis rectángulos ou triángulos?...
  • Aproveitamos para iniciar un reconto da cada figura e anotamos a cantidade nunha taboa como esta. Loxicamente, se compara que figura aparece máis veces e cal é a que aparece menos.

figuras
Nº de veces que aparece
Medio círculo

Triángulo

CUADRADO

CÍRCULO

RECTÁNGULO

     
  • A conversación continua e seguimos preguntando: Quenes poden ser estos personaxes?, Que fan?, Que lles pasa?, Onde están?...  Pedímoslle aos nen@s que imaxinen e inventen posibles títulos para esta obra, por exemplo: "O baile das figuras", "A terra dos cadrados", "O país fantástico"...
  • Agora e cando lle decimos o título que lle puso o autor "Bailando por miedo" e comezamos outro diálogo: De que poden ter medo estos personaxes? Bailar axuda a quitar o medo? Que os da medo a vós? Que facedes cando tedes medo?...
  • Poñemos un fragmento musical dos que utilizaba Paul Klee para pintar e tocar co seu violín, porque ademais de pintor tamén era violinista, e que @s nen@s se convertan nos personaxes do cadro e que bailen e se movan ao son da música como el@s


4. CREACIÓN PLÁSTICA INSPIRADA NO CADRO ANALIZADO 

-  Pintamos o fondo do que será o noso cadro cunha esponxa ou rolete mollado en pintura marrón.
Cada nen@ ten que elexir as figuras que queira para o seu cadro. Para iso poden debuxar as figuras, contornear obxectos con esas formas oo facer estampacións. A continuación quen queira pode pintalas e, por último, recortamolas.
-  Colocamos as figuras enriba do papel pintado para que, antes de pegalas os nen@s: 
  • as distribúan de maneira uniforme,
  • deixen sitio para colocarlle a cabeza, os brazos e as pernas.
  •  as coloquen en distintas posicións as habituais para favorecer o movemento.
- Neste momento retiramos a lámina da vista do nen@, xa que se trata de facer unha composición propia. Voltamos a poñer a música que Paul Klee utilizaba para pintar, xa que el "pintaba música, fantasía e movemento" e deixámonos levar...
- @s nen@s completan a súa creación con pinceis e pintura negra, de forma que mediante liñas rectas, curvas, largas, curtas... as figuras vanse transformando en personaxes.
- Para rematar, cada nen@ escribe o título que lle puxo a súa obra e firma co seu nome e o apelido KLEE.




5. TRABALLAMOS A SERIE NUMÉRICA 

Imos crear o noso propio material para traballar a serie numérica. Para iso precisamos 11 tapóns de botellas ou bricks que normalmente usamos na casa e pondrémoslle os números do 0 ao 10, cada un como queira: escribíndoos cun rotu permanente, con números de goma eva, de fieltro... Tamén podemos crear unha base e pegar onde se enrosca o tapón, así o nen@ tamén estará traballando simultaneamente a psicomotricidade fina. Algo similar a isto:
 

Unha vez elaborado comezamos a formar a serie numérica ascendente e descendente (contando cara atrás como o foguete), buscando os veciños dos números, podemos deixar ocos para que completen cos que faltan, desordenala serie e que atopen o erro... e ata podemos compoñer os números do 11 ao 19. Moito coidado cos tramposos ou mentirosos (dez e un, dez e dous, dez e tres, dez e catro e dez e cinco). Aquí vos deixo varios exemplos das actividades:




E xa para os máis traballadores e do mesmo xeito, podemos crear o abecedario coas letras pegadas ou escritas nos tapóns e xogar a formar mensaxes segredas. Por exemplo:



Por último deíxovos, por se alguen non o viu todavía, o "VÍDEO DOS MAIOS" que realizou Alfonso coas aportacións realizadas por todas as familias do colexio que quixeron participar. A verdade e que quedou un traballo moi "chulo"... 


MOITAS GRAZAS FAMILIAS!! 

Sen a vosa colaboración todo isto non sería posible...

BICOS e APERTAS MILES...

E ATA A VINDEIRA SEMANA...!!



No hay comentarios:

Publicar un comentario